domingo, 11 de noviembre de 2012

Letras magosto


O CARRO- FUXAN OS VENTOS


Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!


Non chas quero


Non chas quero, non chas quero
Castañas do teu Magosto
Non chas quero, non chas quero
Que me cheiran ao chamosco.

Non chas quero, non chas quero
Nabizas do teu nabal
Non chas quero, non chas quero
Que me poden facer mal