domingo, 23 de noviembre de 2014

Descubrindo animais


 Seguindo a ligazón: Proxecto Moda- Oficios- Veterinario- Animais! Debuxamos unha serie de animais, en equipos, e logo, segundo a canción que soase, debiamos relacionar cun animal ou con outro. Logo, usamos eses debuxos en Ciencias Naturais para seguir estudando.

jueves, 13 de noviembre de 2014

A frauta de pelícano

Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito a actividade coa frauta que soa coma un paxaro, con forma de pelícano e que precisa de auga para soar.













miércoles, 19 de febrero de 2014

Audición nº 3: Adiós ríos, adiós fontes - Amancio Prada



Esta canción interpretada por Amancio Prada, feita a partir dun poema de Rosalía de Castro, será a que escoitemos este venres na audición do acuario. Podes adiantarte á audición neste vídeo.

E, xa que por todos é coñecida esta cantante, xa que é do Incio, podedes ver nesta ligazón o dúo Lucía Pérez con Amancio Prada no programa televisivo Luar, cantando esta mesma canción:
http://www.youtube.com/watch?v=2pCqmi-gbaU

miércoles, 12 de febrero de 2014

Audición nº 2: Río Negro

Esta canción, de Santiago Auserón, ou Juan Perro, como ás veces se chama este artista, podes escoitala en audio nesta ligazón: http://www.youtube.com/watch?v=oAHXezJ48_0

Se queres ver un concerto en directo e parte dunha entrevista, pois nesta outra: http://www.youtube.com/watch?v=txcjTQMDQNE,

Podedes ver outras fotos no blog do colexio: ceipricardogasset.blogspot.com.es

jueves, 6 de febrero de 2014

lunes, 3 de febrero de 2014

Audición Nº 1: Alfonsina y el mar, Silvia Pérez Cruz

Todos os venres escoitaremos unha audición relacionada coa auga, cos ríos ou mares, e que formará parte do Proxecto de Voz Natura. As audicións serán de autores variados, diversos xéneros musicais, diferentes épocas e a través destas audicións chegaremos a coñecer varios grupos musicais, compositores e cantantes, co que aumentará notablemente o noso coñecemento musical e cultural.

A audición número un será a versión que fai Silvia Pérez Cruz de Alfonsina y el mar, canción coñecida internacionalmente por Mercedes Sosa. Na entrada da escola podedes ler parte da súa biografía ou obra nun cartel.
Para escoitar a audición número 1 podes entrar nesta ligazón e escoitar Alfonsina y el mar, cantada por Silvia Perez Cruzhttp://www.youtube.com/watch?v=iap8VstrFb0

lunes, 13 de enero de 2014

Mensajes del agua- Macaco

Y que le voy a hacer si yo, amo lo diminuto.
Y que le voy a hacer si yo, no quiero que el oceano sea tan profundo.
Y que le voy a hacer si yo, de pequeño encontre la fuerza de mi mundo.
Y que le voy a hacer si yo, si yo pienso que ellos y nosotros sumamos uno
que le voy a hacer.
y es que gota sobre gota somos olas que hacen mares.
gotas diferentes pero gotas todas iguales.
y una ola viene y dice

somos una marea de gente todos diferentes remando al mismo compas
y es que somos una marea de gente todos diferentes remando al mismo compas

y una ola viene y dice
parece que te sigue
y el mundo repite (x2)

Y que le voy a hacer si yo, naci en el mediterraneo.
Y que le voy a hacer si yo, perdi las gotas de tu llanto.
de tus gotas me inunde transparencias en mi sed soñe torrenciales de amor y fe
como lluvia de primavera borrando grietas igualando mareas
y es que gota sobre gota somos olas que hace mares
gotas diferentes pero gotas todas iguales
y una ola viene y dice

somos una marea de gente todo diferente remando al mismo compas
y es que somos una marea de gente todo es diferente remando al mismo compas

y una ola viene y te dice
parece que te sigue
y el mundo repite

y una ola viene y te dice
parece que te sigue
y el mundo repite

CMTV - Macaco - Mensajes del agua



Esta canción será a que empreguemos para celebrar o vindeiro día 30, o día da Paz. Este día ímolo mesturar co proxecto de Voz Natura deste ano, que trata sobre ríos e mares, como sabedes, e a montaxe do espectáculo será sorpresa!! ata o ensaio, claro... polo dagora, escoitade a canción e aprendede a letra. Tamén haberá un conto polo medio... pero non avanzo nada! Todo ao seu debido tempo!!